PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS EN CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS (CURSO 2015-2016)
Reserva de praza (alumnado matriculado en anos anteriores): realizarase de oficio, salvo nos casos en que implique un cambio de ensinanza dentro do mesmo centro ou ao centro adscrito correspondente (IES de Tenorio), nestes supostos o prazo de reserva é do 1 ao 15 de febreiro (ambos incluídos).
O alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou, ensinanzas superiores cando o centro non estea adscrito ao inicial, realizará a solicitude no prazo estipulado para a primeira vez (1 ao 20 de marzo, ambos incluídos).
Sorteo público (para os efectos de desempate): 26 de febreiro do 2014 ás 11.00 h (na Sala B da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), onde se extraerán catro letras, que determinarán, correlativamente, a primeira e segunda letra do primeiro apelido e a primeira e segunda letra do segundo apelido (para os casos de empate unha vez aplicados os criterios de adxudicación).
Publicación de prazas vacantes: 1 de marzo do 2015.
Prazo de solicitude (1ª vez): 1 ao 20 de marzo do 2015 (ambos incluídos).
Prazo de presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión: 24 de marzo ao 3 de abril do 2015 (ambos incluídos), só nos centros nos que exista máis demanda que oferta de postos escolares.
Publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril do 2015 (ordenados por orde de puntuación total obtida e na que consten as puntuacións asignadas por cada criterio).
Publicación das listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio do 2015.
Prazo para a formalización da matrícula: 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos (no propio centro).
Solicitude fóra de prazo: adxudicaranse por proposta do centro, despois do informe favorable do servizo provincial de inspección.
Documentación (no momento da solicitude):
· Impreso de solicitude específico (facilítase no centro ou pódese descargar dende a páxina web:http://www.edu.xunta.es/web/node/14293).
Tamén a podes descargar aquí:

ANEXO I Reserva de praza (galego)

ANEXO I Reserva de praza (castelán)

ANEXO II Solicitude de admisión (galego)

ANEXO II Solicitude de admisión (castelán)

ANEXO III-1 Formulario de matrícula en educación infantil e primaria (galego)

ANEXO III-1 Formulario de matrícula en educación infantil e primaria (castelán)

ANEXO III-2 Formulario de matrícula en educación secundaria obrigatoria (galego)

ANEXO III-2 Formulario de matrícula en educación secundaria obrigatoria (castelán)
Criterios para seguir para a solicitude:
No impreso pódense relacionar ata 6 centros por orde de preferencia (presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se relaciona como primeira opción, xa sexa público ou concertado).
Todas as solicitudes que non puidesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.
As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o órgano que as ditou.
Normativa:
Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación Infantil, de educación Primaria, de educación Secundaria Obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 6/2006, do 3 de maio, de Educación, publicado no DOG núm. 245 do 26 de decembro de 2012.
Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación Infantil, de educación Primaria, de educación Secundaria Obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, publicada no DOG núm. 53 do 15 de marzo de 2013. Corrección de erros, publicada no DOG núm. 79 do 24 de abril de 2013.
Versión en castelán: Orden del 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado (DOG)
OUTRAS INFORMACIÓNS:
EN CASO DE DÚBIDA...
Para calqueira dúbida ó respecto do proceso de matriculación pode consultala na secretaría do Centro ou ben empregando estas vías de contacto:
e-mail: ceip.tenorio@edu.xunta.es
Teléfono: 986 76 41 02
0 comentarios:
Publicar un comentario
Click to see the code!
To insert emoticon you must added at least one space before the code.